EconomíaEconomíaÚltima hora

Xantar convida a Panamá para celebrar a súa maioría de idade

O Salón Gastronómico celebrará en Expourense a súa 18 edición do 1 ao 5 de febreiro
O director de Xantar, Alejandro Rubín, a directora do grupo de comunicación Excelencias Panamá, Raisa Zayas, e o presidente do Club Gastronómico de Panamá, Patrice Jaumon, na presentación de Xantar en Panamá.

 

O salón gastronómico “Xantar” convidou ao seu 18 aniversario a Panamá. O país centroamericano será o encargado, este ano, de pór o toque gastronómico internacional protagonista. Este salón gastronómico é o único de España e celébrase do 1 ao 5 de febreiro en Expourense.

Dende a organización resaltan que a presenza de Panamá neste evento internacional ten o obxectivo de “posicionarse como destino cosmopolita e sostible, conxugando tradición e modernidade” e, ao mesmo tempo, despertar o interese dos cidadáns europeos para que gocen dos seus atractivos.

Esta edición vaise converter nunha plataforma de promoción da gastronomía panameña, así como o turismo e os produtos agro alimentarios do país. Panamá contará cun restaurante propio dentro do salón que estará liderado polo Club Gastronómico de Panamá, unha asociación sen ánimo de lucro que pretende ensinarlle á comunicade panameña e internacional as virtudes da arte da gastronomía. O prato nacional por excelencia deste convidado é o “sanocho” de galiña de patio ou polo, unha especie de cocido realizado con ñame, culantro e sérvese moi quente.

A delegación panameña que se desprace ata Xantar participará ademais nas accións profesionais da feira como os “showcookings” dean directo, o as conferencias incluídas no décimo segundo Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable. Ademais, organizaranse catas comentadas de produtos seleccionados.

Panamá únese así á lista de países convidados a Xantar, reforzando o carácter internacional do salón e a súa vinculación con América Latina. Outros convidados foron Costa Rica, que repite este ano, Cuba, Perú, Francia, Arxentina, Portugal e México.

Esta participación materialízase a través da invitación realizada por esta feira internacional de Turismo Gastronómico, avalada polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, á autoridade de Turismo de Panamá.

Dende a organización resaltan que a elección de Panamá como convidado para esta décimo oitava edición, contribuirá de novo a pechar os lazos comerciais e afectivos entre este país centroamericano e Galicia, unidos xa a través da emigración. No século XX, Panamá absorbeu unha gran parte de diáspora galega que optou por pór rumbo a esta república. O seu obxectivo: participar nas obras de construción dunha grande canle que serve de ponte entre o océano Pacífico e o Atlántico, e que na actualidade é unha das grandes obras de enxeñaría a nivel mundial.

Hai que salientar tamén que nos anos 60 e 70, preto do 40% dos veciños das parroquias de Albarellos e Feás, no concello ourensán de Boborás, emigraron cara a este país para participaren nas obras da canle e permaneceron despois dedicándose a outros sectores como a hostalaría e o mobiliario. Na actualidade, os veciños de Boborás e os seus descendentes representan a comunidade máis numerosas as españolas residentes no istmo.

Artigos relacionados

Back to top button