Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Xantar de Caballero con membros das candidaturas valdeorresas do PSdeG ás municipais

Despois deste encontro, e tras coñecerse o falecemento de Alfredo Pérez, o secretario dos socialistas galegos suspendía os actos de campaña previstos para hoxe

Despois de visitar O Barco na mañá do 10 de maio, o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, trasladábase ata A Rúa, onde compartía un xantar con membros das candidaturas socialistas ás vindeiras eleccións municipais na comarca de Valdeorras.

Esta comida tiña lugar no Restaurante A Pepa e no seu decurso, a Rosa Pérez, que forma parte da lista do PSdeG no Bolo, repartía caraveis aos asistentes. Despois do xantar, e tras coñecerse a nova do falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba, Caballero suspendía os actos de campaña previstos para o resto da xornada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button