Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Xantar de homenaxe e despedida a Conchi Belmonte, auxiliar de enfermería durante 27 anos no HCV

As súas compañeiras no hospital valdeorrés organizábanlle unha comida con motivo da súa xubilación

Cun xantar moi especial e cheo de sorpresas e moito humor, despedían a Conchi Belmonte Fariñas as súas compañeiras no Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco. Esta auxiliar de enfermería chega á xubilación tras desenvolver a súa profesión en León, en Ourense (a súa cidade natal) e no Barco, onde pasou 27 anos. “Foron os mellores anos da miña vida, marabillosos”, confesa. Ademais amosaba o seu agradecemento ás súas compañeiras por esta cariñosa iniciativa.

Esta comida de despedida celebrábase o 16 de novembro no restaurante Posada Galaica da vila barquense coa asistencia dunhas trinta persoas. Na sobremesa non faltaban tampouco os agasallos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button