Galerías de fotosÚltima hora

Xantar de mulleres cociñado por homes para celebrar o 8M na CIG do Barco

Desenvolvíase a partires das 13:30h. no pavillón vello da vila valdeorresa

Dun xeito orixinal, simbólico e ao mesmo tempo reivindicativo está a celebrar a secretaría de mulleres da CIG de Valdeorras o 8 de marzo no Barco. A partires das 13:30h. comezaba un xantar de mulleres no pavillón vello da vila que incluía empanada e tamén unha paella.

Este último prato foi preparado por tres cociñeiros no mesmo exterior do pavillón. Ademais no marco deste 8M e da folga feminina desta xornada terá lugar ás 20h. unha concentración na praza do Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button