EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra en Trives e entrega de premios do certame “Mondial des Vins Extremes”

Unhas 140 persoas dábanse cita neste xantar no que se entregaban 6 medallas de ouro e 7 de prata deste XXVI Concurso Internacional

“A Ribeira Sacra é un conxunto, ten unha identidade, é grande en territorio e, sobre todo, en xente, e ten a sorte de que por estas terras pasan dúas grandes rutas: a Via Nova romana e o Camiño de Santiago”, asegura o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, no inicio do tradicional xantar de Nadal deste organismo, que se celebraba o 14 de decembro no Hostal A Viuda de Trives.

No encontro, que tiña por vez primeira como escenario Trives, participaban unhas 140 persoas entre as que había representantes do sector vitivinícola, así como diversas autoridades, entre as que estaban parlamentarios galegos, o delegado da Xunta en Lugo e diversos alcaldes da Ribeita Sacra como son os de Trives, Manzaneda, Castro Caldelas, A Teixeira, Chantada e Sober, entre outros.

O xantar comezaba coa entrega de medallas do XXVI Concurso Internacional “Mons des Vins Extremes”, que tiña lugar no pasado mes de xullo no Val d’Aosta (Italia). Este certame enolóxico está considerado o máis importante a nivel mundial para viños producidos en rexións de montaña, procedentes da denominada viticultura heroica.

Na edición do 2018, que contaba coa participación duns 277 produtores de 19 países (que presentaban 720 referencias), resultaban galardoados 13 viños do total de 58 presentados pola D.O. Ribeira Sacra. En concreto conseguíanse 6 medallas de ouro e 7 de prata.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Os viños distinguidos eran os seguintes:

CATEGORIA VIÑOS BRANCOS:

Medalla de Ouro  
ALMALARGA– 2017 Alma das Donas – Pantón
VIÑA VELLA – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao
MAGA – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos

Medalla de Prata 
VIÑA GAROÑA– 2017  Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada
CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO– 2017  Grupo Peago SL– Bilbao

CATEGORIA VIÑOS TINTOS:

Medalla de Ouro 

VIÑA MEZQUITA – 2017  José Manuel Vidal López – Sober
VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada

Medalla de Prata
VAL DA LENDA
– 2017 Víctor Manuel Rodríguez López – Sober
ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober
TEAR – 2017 Adega Tear – Sober
SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada

CATEGORIA VIÑOS TINTOS AÑADAS 2015 e ANTERIORES:

Medalla de Ouro
REGINA EXPRESION
2014 Regina Viarum S.L-– Sober

Medalla de Prata
ALMAMADRE – 2015  Alma das Donas – Pantón

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button