EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Xantar pecha tras dar máis de 17.800 comidas e ceas

No programa da derradeira xornada incluíase unha degustación de botelo do Barco

Unhas 22.000 visitas e máis de 17.800 comidas ou ceaso servidas polos 17 restaurantes participantes. Son as cifras coas que o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, vén de pechar a súa dezaseis edición, na que tivo como país convidado a Costa Rita e no que se contou con expositores e participantes de dez países diferentes: España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai.

Ao longo desta mostra ofrecíanse máis dun cento de propostas como exhibicións de cociña en directo ou 25 catas comentadas de diversos produtos, que foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na súa meirande parte profesionais do sector que supoñen xa un 35% do total de visitas. Non faltaron tampouco as degustacións, como a ofrecida no mediodía do 8 de marzo polo Concello do Barco. Así os visitantes de Xantar puideron comprobar a calidade e o delicioso sabor do botelo valdeorrés, acompañado de viño desta zona vitivinícola.

A derradeira xornada de Xantar estivo ademais adicada ás entidades patrocinadoras e colaboradoras que fixeron posible a celebración deste evento no 2015 e tamén a Mancomunidade Turística de Terras do Avia e do Concello de Sober. O certame clausurábase ás 13h. do 8 de marzo nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, quen destacou que “Xantar é xa un referente entre os amantes da arte culinaria en Galicia pero ademais nos últimos anos acadou unha enorme proxección internacional”.

Tamén interviñan nesta clausura, entre outras autoridades os alcaldes do Barco, Leiro e Sober. O rexedor barquense, Alfredo García, quen aludía aos viños e ao botelo valdeorrés como referentes turísticos e incidía en que “entre todas as comarcas si podemos conseguir que Ourense teña un potencial turístico importante, hai que potenciar o conxunto. Valdeorras ten un potencial cultural e natural que non temos por qué separar da Ribeira Sacra, nin da zona das Médulas porque ao turismo o que hai que darlle é actividades”.

Pola súa banda, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a participar na vindeira edición da Feira do Viño de Amandi, que se celebrará na última fin de semana de marzo, os días 28 e 29. Tamén mencionaba a importancia de traballar para lograr “a declaración de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra”.

Nesta última xornada tamén foron entregados os premios do 3º Concurso de Cociña Xantar Gourmet que gañou o cociñeiro de Boimorto afincado en Melida, Manuel Garea que sorprendeu ao xurado coa receita “Trufa de Mar” na que empregou vieiras de Galicia do selo PescadeRías, Bonito, algas, grelos e aceite de oliva ecolóxico. Garea gañou este premio por segunda vez consecutiva. O segundo clasificado, na categoría de profesionais foi Carlos Barreira, natural de Cangas, co prato “Lacón, Grelo, Chourizo e Pataca 2015”. No apartado de afeccionados houbo unha mención especial para a ourensá Cristina Estévez, de Ourense, que preparou a receita “Tosta veraniega”. A clausura finalizaba co son da Banda de Música de Ourense, que interpretaba dúas pezas.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button