ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xantar popular na XIX Festa da Cabreira

A localidade de Nogar, en Castrillo de Cabrera, acolleu esta edición da festa que contou cun completo programa de actividades

Despois da recepción de autoridades e o pregón, a carpa preparada para a ocasión na explanada de Nogar (Castrillo de Cabrera) acollía o xantar popular da XIX Festa da Cabreira, unha celebración que cada ano reúne a veciños e visitantes dos cinco concellos que forman a comarca da Cabreira (Benuza, Castrillo de Cabrera, Encinedo, Puente de Domingo Flórez e Truchas).

Co alcalde Tomás Blanco á cabeza, o xantar contou con numerosos asistentes que puderon degustar un completo menú no que non faltou o polbo á feira nin a carne richada.

Trala degustación gastronómica, a festa continuaría con actividades para tódolos públicos, dende os máis pequenos ata os maiores, contacontos, música tradicional e de orquestra e ata charlas sobre temas vinculados á esta terra leonesa.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button