CulturaCulturaÚltima hora

Xantar popular, obradoiros infantís e teatro, nas Letras Galegas de Manzaneda

Os actos, organizados pola Asociación Cultural A Rebusca en colaboración co Concello de Manzaneda, terán lugar ao longo do día 17 de maio

 

Cartel dos actos das Letras Galegas en Manzaneda. Deseño de Marta Conde.

 

Cunha xornada festiva de convivencia arredor da lingua e da tradición galega festexarase en Manzaneda o Día das Letras Galegas. Así, o programa do vindeiro 17 de maio comezará cunha comida popular. As persoas interesadas poderán anotarse no Pendón antes do mércores día 16 de maio.

Durante a tarde desenvolveranse obradoiros infantís e, despois, chegará o teatro. Brais das Hortas porá en escena no local da Rebusca a peza “O avó sae da maleta”. Estes actos das Letras Galegas serán organizados pola Asociación Cultural A Rebusca en colaboración co Concello de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button