Será o día 14 de novembro ás 20h. no Liceo de Ourense
O escritor Xavier Alcalá regresa ao terreo literario da novela despois de seis anos con “The Making of” (Galaxia). Este libro presentarase o vindeiro mércores 14 de novembro, ás 20:00h, na Sala de Tertulias do Liceo de Ourense. Neste acto o autor estará acompañado pola tamén escritora Celia Díaz e polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro.