PolíticaÚltima hora

Xavier Vence, de visita en Allariz

Destacaba o esforzo inversor do goberno alaricano e a súa capacidade para crear tecido produtivo local e emprego
Xavier Vence, visitando o Fogar dos Maiores en Allariz, xunto ao seu alcalde.
Xavier Vence, visitando o Fogar dos Maiores en Allariz, xunto ao seu alcalde.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, realizaba na mañá do 5 de novembro unha viaxe institucional ao concello de Allariz na que estivo acompañado polo seu alcalde, Francisco García. O seu percorrido pola vila incluía unha visita á casa consistorial e tamén ao Fogar dos Maiores, onde recibía unha explicación de todas as actuacións en materia de benestar social que impulsa o goberno local.

Vence incidía no decurso desta visita en que “Allariz é o exemplo do que se pode aportar á cidadanía cando se goberna con ideas, proxectos e con compromiso coa xente, e representa a imaxe do que o BNG quere ver estendido por todos os concellos do país”.

Tamén resaltaba o portavoz nacionalista que este concello constitúe un referente “do compromiso do BNG coas políticas sociais, en particular cos que máis padecen os recortes desde o Goberno central e desde a Xunta, mantendo calidade de vida e contrarrestando os efectos nefastos das políticas de recorte do PP con programas impulsados desde o Concello”.

Outros dos aspectos aos que se refería Vence era ao esforzo inversor do concello, que destinará máis de 500.000 euros a programas educativos e de benestar social nos orzamentos de 2015.

Artigos relacionados

Back to top button