CulturaCulturaÚltima hora

“Xela Arias fala coa natureza”, espectáculo protagonizado por Rosa Puga, chega este domingo á P. de Trives

O espectáculo enmárcase na conmemoración da semana das Letras Galegas e celebrarase ás 19h. na praza do Reloxo

 

No marco da conmemoración da semana das Letras Galegas chega á Pobra de Trives “Xela Arias fala coa natureza”, un espectáculo protagonizado por Rosa Puga (nomeada este ano aos Premios Goya 2021) que mestura danza, poesía e circo. Trátase dunha obra de carácter familiar cun claro compoñente didáctico onde as árbores e a natureza estarán presentes a través de distintas artes escénicas.

Da man da Concellería de Cultura de Trives (dentro do programa das Letras 2021 da Deputación de Ourense), a cita será o vindeiro domingo 23 de maio ás 19h horas na praza do Reloxo, con mascarillas e distancia de seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button