ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A xente fai cola para mercar as entradas da Festa do Botelo do Barco

As 1.150 entradas poranse á venda esta tarde ás 17 horas na billeteira do Teatro Lauro Olmo

O ano pasado esgotábanse en menos dunha hora, as 950 entradas postas á venda polo Concello do Barco de Valdeorras para a Festa do Botelo, e este ano vai camiño de repetirse a situación.

Ás cinco da tarde de hoxe, luns 16 de xaneiro, poranse á venda as entradas desta XVII edición e xa antes das dúas había cola diante do Teatro Lauro Olmo. En previsión, o Concello aumentou en 200 o número de entradas e coma se dun supermercado se tratara, os responsables están dando número á xente para que as poda mercar en canto chegue a hora. O custe é de 15 euros limitando a 20 o número de entradas que se poden mercar por persoa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button