EntrevistasÚltima hora

“A xente queda previamente, logo veñen a The Hole, e máis tarde saen de copas, ese é o obxectivo”

Cristina Medina (Centro) canda ao elenco de “The Hole”. // Foto: Carlos Asensio.

Cristina Medina (Sevilla 1971) é a mestra de cerimoñas do espectáculo “The Hole” que esta noite ( 30 de marzo) convirte o Auditorio de Ourense nun cabaret onde todo é posible e nada ten etiquetas. Coñecida por interpretar a Nines Chacón na serie televisiva “La que se Avecina”, traballou en numerosas compañías de teatro. Esta noite será a encargada de animar ao público ourensán do patio de butacas do Auditorio, pero antes ofreceron un pase privado do espectáculo para a prensa.

Cóntanos un pouco que expectativas tes postas no público Ourensán

Só espero que funcione como funciona sempre. Estivemos hai pouco en Pontevedra e houbo unha moi boa acollida. Date de conta que este espectáculo é para pasalo ben. É un show enerxético que está cheo de espectáculos, número acrobáticos, striptease, “cachondeo”, hai de todo. A xente que vén, vén gozar del e goza.

Cando che propuxeron facer de mestra de cerimoñas de “The Hole” tiveches que pensalo ou aceptaches dende o primeiro momento? 

The Hole e mais eu tivemos a nosa etapa de mozos ata que casamos. Eu estiven liada con outros espectáculos, artellando por ai cousas, eles teñen moitas cousas que facer entón ata que casamos pasou un tempo. Pero si, dende que mo propuxeron dende un principio fíxome ilusión, pero non puiden comezar até outubro do ano pasado porque estiven máis liada ca unha momia.

Tiveches boa acollida por parte do equipo? 

Moi boa, eles son un equipo que levan moitos anos traballando e chegas aquí e parece que traballaches con eles dende o principio. Foi moi boa a acollida, hai moi boa xente, pasámolo moi ben tanto o público coma nós.

Como se puido ver no pase, o teu número é moi enerxético, é así todo o tempo? 

Si, hai de todo. É un espectáculo moi vivo.

Cristina Medina interpreta á mestra de cerimoñas do cabaret. // Foto: C.Asensio.

Como foi a resposta do público galego até o de agora? 

Moi boa, cando rematamos a xente érguese e palauden coma tolos. É un espectáculo para non pensar, para saír de festa e “The Hole” forma parte desta noite de esmorga que ti vas pasar cos teus amigos. Porque antes de entrar xa tomaches uns viños e logo do espectáculo volves saír tomar unha copa.

Falando da intensidade do espectáculo. Requeriu moita preparación a túa personaxe? 

Eu xa viña bailada e cantada da casa. (ri), entón tampouco supuxo un reto tan grande. Sempre fun moi deportista, cando non patinaba, bailaba, entón non tiven que facer unha preparación moi profunda. Eu teño a miña banda de rock and roll tamén, por iso digo que xa viña cantada da casa. Non foi unha grande preparación, porque noutros espectáculos fixen, non de mestra de cerimoñas, pero o último espectáculo que fixen coa miña banda de rock era tamén tipo cabaret entón ese rexistro xa o tiña traballado. Neste senso, en “The Hole” tiven que adecuarme máis á estrutura do espectáculo e tirar para adiante con iso. Saber controlar os niveles de enerxía do espectáculo en cada momento.

Cal é a función da mestra de cerimoñas? 

É a que se encarga de subir os tons de humor. Eles fan os seus números acrobáticos e a xente alucina, pero logo a mestra de cerimoñas encárgase de manter a clave humorística para que o público colla o seguinte número con alegría. É moito traballo de enerxía máis que físico, o que máis me pode costar e arrancar a xente da nada para que escachen logo coa risa.

Entre outras facetas tes tamén o teu grupo de rock 

Efectivamente. Vimos a Ourense en verán, ao Festiclown. “Cristina y los gloria” chámase o grupo. Pero co outro grupo “Pez en raya” tamén viñen moito aquí a Galicia e estivemos moito co meu grupo “A grito pelao”.

A intensidade e o humor son as claves de The Hole. // Foto: Carlos Asensio

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button