EconomíaEconomíaÚltima horaViticulturaXIX Feira do Viño de Valdeorras

A xestión medioambiental nas adegas, analizada en Valdeorras

O edificio multiusos do Barco acollía o 7 de xullo unhas xornadas impartidas pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Sobre procesos de control de residuos, e máis en concreto, sobre proxectos de tecnoloxía anaerobia e humidais construtivos versaba a última das ponencias das Xornadas Técnicas “Xestión Ambiental nas adegas”, impartidas pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) na mañá do 7 de xullo no edificio multiusos do Barco. Expoñíaa José Antonio Álvarez, responsable do proxecto Wetwine do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal).

Anteriormente, tomaban a palabra outros tres expertos. Así a xornada abríase coa intervención de Íñigo Marín Landa sobre “As verteduras nas adegas. Avaliación da carga contaminante. Posible solucións”, seguida das ponencias “Criterios que deben cumprir as adegas para ser sostibles en materiaa medioambiental. Certificación Winerais for Climate Protection” da man de Pau Roca Blasco (secretario xeral da Federación Española do Viño) e “A pegada do carbono nas adegas” de Rubén Jiménez de la Iglesia (director da empresa Solid Forest).

A xornada completábase cunha mesa redonda moderada por Alfonso Losada (xefe de sección de Enoloxía da Evega) e na que participaban os catro expertos xa citados. De seguido, en torno á unha e media da tarde, procedíase ao acto de clausura da xornada coa presenza do director da Evega, Juan Manuel Casares; do presidente do CRDO Valdeorras, Francisco García; e do alcalde do Barco, Alfredo García.

Estas xornadas son, xunto coa I Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras, un preámbulo desta mostra vitivinícola que se celebrará os días 16 e 17 de xullo en Viloira.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button