ConcellosÚltima hora

Xesto solidario da Fundación Amigos de Galicia con Justin, un neno de Vilariño de Conso

Este cativo, de tan só 7 anos, é diabético e vén de recibir un sistema de monitorización continua de glucosa comprado por esta entidade
Acto de entrega do sistema de monitorización continua de glucosa a Justin e á nai en Vilariño de Conso, municipio onde reside./ Foto cedida.

O salón de plenos do Concello de Vilariño de Conso acollía no mediodía do 31 de agosto un acto moi especial. Justin Aaron Sánchez Mato, un neno de 7 anos deste municipio con diabete, recibía un sistema de monitorización continua de glucosa “Dexcom” de cuxa compra se facía cargo a Fundación Amigos de Galicia. Este sistema úsase para medir os niveis de glucosa de forma continua e en tempo real.

A nai de Justin, Susana Mato, recibía este equipo de mans de Noelia Romero, subdirectora da fundación, nun acto que tamén contaba coa presenza da alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, quen agradeceu a esta entidade o labor realizado no municipio non só con Justin, senón tamén coas familias en risco de exclusión social que se atenden.

O sistema “Dexcom” ten un custe de 899 euros, cantidade económica que a Fundación Amigos de Galicia vén de custear a través do orzamento das campañas de tapóns que a entidade leva a cabo.

Máis información:
https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/tap%C3%B3ns/

 

Justin co sistema “Dexcom”./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button