PolíticaÚltima hora

Xesús Vázquez, candidato popular á alcaldía de Ourense

O nome do conselleiro de Cultura como cabeza de lista do PP confirmábase na tarde do 30 de xaneiro

 

Xesús Vázquez liderará a lista do PP na cidade de Ourense.
Xesús Vázquez liderará a lista do PP na cidade de Ourense.

Cun rostro novo afrontará o PP as vindeiras eleccións municipais en Ourense. Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, liderará a candidatura popular na cidade. O seu nome confirmábase na tarde do 30 de xaneiro, na que o Comité Electoral do PPdeG recibía as propostas dos órganos municipais ou provinciais competentes sobre as persoas que encabezarán as listas do partido ás vindeiras eleccións nas sete principais cidades de Galicia.

Xesús Vázquez Abad naceu en Nuremberg (Alemania) en 1967. É Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Cum Laude en Ciencias Económicas e Empresariais pola de Vigo, na que exerceu como profesor titular do departamento de Organización de Empresas e Marketing. A súa carreira profesional desenvolveuna tamén como administrativo de primeira en Banco Gallego S.A., profesor titor da Universidade Nacional de Educación a Distancia en Ourense, subdirector da Escola de Estudos Empresariais e decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.

Desde o 26 de marzo de 2008, e ata o seu nomeamento como Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia o 20 de abril de 2009, ocupou o cargo de deputado do grupo parlamentario popular por Ourense no Congreso dos Deputados. Neste tempo, exerceu como membro das comisións de Economía e Facenda; de  educación, Política Social e Deporte; e de Ciencia e Innovación. Posteriormente, foi tamén voceiro de Universidades do grupo parlamentario popular e presidente da Comisión Nacional de Universidades do Partido Popular.

Artigos relacionados

Back to top button