OurenseÚltima hora

O XI Encontro da muller xorda de Galicia, en Ourense

Recursos específicos, como os que promove a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), son “fundamentais para conseguir que as mulleres xordas, con discapacidade auditiva ou xordocegas poidan acadar un papel laboral, social e familiar acorde ás súas potencialidades, evitando situacións de marxinación e exclusión”. Así o sinalaba a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, en Ourense na mañá do 10 de marzo no acto inaugural do XI Encontro da muller xorda de Galicia.

Este encontro está promovido pola Federación de Asociacións de Persoas xordas de Galicia (FAXPG). No acto tamén participaron o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button