ConcellosÚltima hora

XI ruta nocturna “das meigas” o 24 de agosto entre os concellos da Rúa e Petín

A andaina sairá da praza José Antonio Míguez ás 22:30h. e pasará por Valencia e Barxela

 

A asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras vai desenvolvendo o calendario de andainas programadas para este ano. Desta volta presenta a XI ruta nocturna “das meigas” que se celebrará mañá, sábado 24 de agosto.

O punto de partida do roteiro será a praza José Antonio Míguez, na Rúa, ás 22:30h. e percorrerá Valencia do Sil, Barxela e Petín, rematando de novo no punto de partida.

Conta coa colaboración do Concello da Rúa e ao final da ruta haberá un refrixerio para os participantes. A inscrición é gratuíta e dende a organización recomendan levar chaleco reflictor e lanterna.

Artigos relacionados

Back to top button