EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

XI Xornadas técnicas “Prevención de riscos laborais” da ACO, no Barco

Medio cento de persoas asistían a esta acción formativa celebrada na tarde do 15 de setembro no edificio multiusos

Coa ponencia “Condicións de seguridade no sector da construción, a súa influencia na accidentalidade laboral” poñíanse en marcha na tarde do 15 de setembro no Barco as XI Xornadas técnicas “Prevención de riscos laborais”, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción (ACO). Corría a cargo de Daniel Lima Gómez, técnico en PRL e especialista en construción. Na súa intervención abordaba as condicións materiais en prevención de riscos laborais, a integración da prevención en obras de construción ou accidentes de traballo no sector da construción na provincia de Ourense.

De seguido, Beatriz González, técnico en PRL e especialista en construción, trataba o tema do intrusismo e a prevención de riscos laborais no ámbito da responsabilidad social da empresa (RSE). A xornada, que contaba con medio cento de inscritos, continuaba con Pilar Sánchez-Cuervo Peña, xefa de Inspección de Traballo en Ourense, quen expoñía as obrigas preventivas dos axentes intervintes no sector (empresarios, traballadores, coordinadores, etc.).

Estas xornadas, que tamén se impartían en Verín e Ourense, foron organizadas pola ACO en colaboración coa Secretaría Xeral de Emprego-Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button