DeportesÚltima hora

Xiana Pungín (Adas), ouro en 60 ml e 500 m no campionato de España para atletas con déficit visual

Ademais lograba unha medalla de prata Sub12 na proba de salto de lonxitude nesta cita nacional celebrada en Segovia
Xiana Pungín, nunha competición anterior./ Foto cedida.

Tres medallas conquistaba a atleta alevín Xiana Pungín (Club Adas do Barco) nos campionatos de España para atletas con déficit visual que se disputaban o 16 de xuño en Segovia. Pungín facía dobrete de ouro na categoría Sub12 ao ganar a proba dos 60 ml e a de 500 m, mellorando ademais a súa marca persoal na primeira das distancias.

Subía tamén ao podio para recoller a medalla de prata na modalidade de lonxitude, mellorando tamén “amplamente a súa marca persoal”, matizan dende o Adas. “Gran campionato un ano máis desta xove promesa do atletismo. Parabéns para ela, para os seus pais e irmán, que tamén lograba impoñerse na proba Opel de 500 e era segundo na lonxitude”, engaden dende o club valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button