DeportesÚltima hora

Xiana Pungín (Adas), triple ouro no Campionato de España para atletas con déficit visual

Vencía nesta competición celebrada en Collado Villalba nas probas de velocidade e lonxitude alevín
Xiana Pungín, nunha competición.

Por terceira tempada consecutiva Xiana Pungín súbese ao podio no Campionato de España para atletas con déficit visual. Esta atleta do Club Adas do Barco vencía como alevín nas probas de velocidade e lonxitude nunha competición celebrada en Collado Villalba.

Xiana ganaba nos 60 ml con 9″74 “nunha mañá moi ventosa en contra, mentras que na lonxitude bastábanlle os seus 3’56 m para levarse o triunfo”, destacan dende o seu club, o Adas. Ademais impoñíase nos 1000 m.

Pola súa banda, o seu irmán Xoel participaba na competición open benxamín e ganaba tamén o 50 e a lonxitude, así como o 500.

Artigos relacionados

Back to top button