Ultímanse os preparativos da XII Andaina & Trail de Outono do Barco, que se celebrará o vindeiro 29 de outubro. Esta cita deportiva, que organiza o Club Peña Trevinca Barco, ofrece varias posibilidades. Pode realizarse unha andaina e un tral curto de 14 km, pero tamén un trail longo de 22 km.
En todos os casos as saídas daranse dende o Paseo do Malecón (xunto ao río Cigüeño) e os primeiros en iniciar a proba serán os camiñantes ás 9:30h. Ás 10:30h. darase a saída do trail longo e, media hora despois, a do curto.
As persoas interesadas en participar nesta proba poderán realizar as súas inscricións ata o vindeiro 21 de outubro a través da web http://clubtrevincabarco.org/club/at2017/ . O prezo das inscricións para andaina e o trail curto será de 12 euros e para o longo de 15 euros.