Celebrarase no Auditorio e nel participarán a Banda de Música Recreactiva e Cultural de Bandeira e a Banda de Sober
Cita coa música o vindeiro domingo 10 de xullo en Sober. A partires das seis da tarde o Auditorio Municipal acollerá o XII Festival de Bandas do Concello de Sober. Neste encontro participarán dúas formacións: a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira (dirixida por José Lodeiro Gesto) e a Banda de Música de Sober (baixo a batuta de Miguel Franqueiro Becerra).