SanidadeÚltima hora

XII Paseo pola Saúde en Ourense

Unha trintena de colectivos e entidades participaron na feira organizada polo Concello na Alameda
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández na feira da saúde. /Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández na feira da saúde. /Foto: Carlos G. Hervella.

A alameda de Ourense acollía os días 8 e 9 de abril, o XII Paseo pola Saúde, unha feira organizada anualmente polo Concello de Ourense para conmemorar o Día Mundial da Salúde, coa que ofrece a oportunidade a colectivos profesionais e asociacións de pacientes para explicar á poboación a súa función dentro da sociedade.

Ao longo dos dous días, unha trintena de entidades, asociacións do ámbito da saúde e colexios profesionais divulgaron o labor que desenvolven na cidade. Unha delas foi o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia que nesta ocasión centrouse en fomentar “o papel da Fisioterapia no fomento e prescripción da actividade física e o movemento, a tódalas idades, para o mantemento dunha mellor calidade de vida”. O stand de CoFiGa ofreceu información sobre as recomendacións da OMS en torno á necesaria práctica do exercicio para o mantemento da saúde, explicando as diferenzas entre exercicio moderado e vigoroso.

Visitantes nun dos stands. /Foto: Carlos G. Hervella.
Visitantes nun dos stands. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos colectivos participantes neste "Paseo pola Saúde". /Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos colectivos participantes neste “Paseo pola Saúde”. /Foto: Carlos G. Hervella.

Aas persoas que visitaron a feira tiveron a ocasión de coñecer os servizos que prestan esta e o resto de entidades participantes, así como as campañas de información e sensibilización que están a desenvolver na actualidade, podendo incluso realizar rexistros sanitarios gratuítos, de tensión arterial, glicosa, tensión ocular ou latexo fetal.

Artigos relacionados

Back to top button