En portadaÚltima hora

XII Ruta dos Fornos de Celavente, o sábado 4 de maio

Este traxecto gastronómico e festivo percorrerá seis destas antigas construcións desta localidade e unha adega
Imaxe da pasada edición desta ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cada primavera a súa Ruta dos Fornos atrae a multitude de persoas que percorren seis destas antigas construcións e unha adega, ao son da música e degustando diversas propostas culinarias. Nesta ocasión, a cita será o sábado 4 de maio a partir das 13h. Como vén sendo tradicional, a ruta comezará na carpa instalada na estrada fronte ao Bar Rodríguez, onde os participantes poderán coller as súas entradas (no caso de que as teñan reservadas) e a súa taza para facer un traxecto festivo marcado polo ritmo dunha charanga.

Tras o pregón a cargo de Juan Corzo, a primeira parada farase no Forno do Viduedo; despois virá o Forno dos Ortos; o Forno de Outeiro; a Adega da Capilla; o Forno do Fondo; o Forno do Campo; e o Forno do Cima.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación Centro de Animación Rural de Celavente e contará coa colaboración de Protección Civil do Bolo. O prezo das entradas será de 14 euros para os adultos e de 7 euros para os nenos (menores de 12 anos).

 

Un dos fornos da ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button