DeportesÚltima hora

Xincana de orientación na natureza, o 18 de novembro en Viana do Bolo

O punto de partida e de meta da xincana será a praza Maior de Viana.

Por equipos e cunha serie de probas e preguntas sobre o municipio de Viana do Bolo e a súa contorna. Así será a “Xincana de orientación na natureza” que se celebrará o vindeiro 18 de novembro a partires das 9:30h. nesta vila do oriente ourensán.

Esta proba, cun percorrido total de 10 km, terá como punto de saída e de meta a praza Maior de Viana. O seu programa comezará ás 9:30h. coa recepción dos participantes e seguirá cunha pequena charla de iniciación ás 10h. A saída da carreira está prevista para as 10:15h.

A actividade está organizada polo Concello de Viana do Bolo a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e subvencionada pola Deputación de Ourense. O evento será impartido pola Asociación Sustinea, unha asociación non lucrativa que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais. As inscricións poden realizarse na OMIX ata o 16 de novembro.

 

Cartel da xincana.

Artigos relacionados

Back to top button