Xinkana aventureira en Trives para celebrar o Día do Libro

Partirá o 18 de abril a partires das 17:30h. no Auditorio Julio Vázquez, onde os rapaces recollerán as instrucións e pasarán a primeira proba axudándolle ao detective Sherlock Holmes na súa investigación

Imaxe dunha actividade relacionada coa lectura en Trives nun ano anterior./ Foto: Concello de Trives.

Sherlock Holmes e o seu axudante Watson serán os protagonistas da Xinkana aventureira para os nenos e nenas de Trives que se celebrará o vindeiro 17 de abril no marco da celebración do Día do Libro. Estes personaxes creados polo escritor inglés Arthur Conan Doyle afrontarán un caso e necesitarán da axuda dos pequenos detectives da vila para resolvelo. Os nenos acompañaranos polas rúas da localidade para superar algunhas probas.

A xinkana está prevista para o vindeiro mércores, 18 de abril, e dará comezo ás 17:30h. no Auditorio Julio Vázquez, onde os cativos terán que recoller as instrucións e pasar a primeira proba axudándolle ao detective Sherlock Holmes na súa investigación.

“Esta actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2010, e nela preténdese, ademais de lembrar e celebrar o Día do Libro, ensinar á infancia a importancia do voluntariado na sociedade, e para iso terán unha guía con deberes e dereitos das persoas voluntarias”, tal e como se informa dende a Concellería de Cultura de Trives.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies