CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“Xincana Cervantina” por Trives

Este concello celebraba os actos do Día do Libro o 1 de maio

A través dunha singular proposta celebraba o Concello de Trives o Día Internacional do Libro. Tiña lugar na tarde do 1 de maio, logo de ser atrasada por mor do mal tempo. Tratábase dunha “Xincana Cervantina”, un “xeito diferente de introducir aos nenos nas emocionantes aventuras da lectura, onde eles tiñan que ir superando diferentes probas relacionadas con escritura, lectura e contos populares, por todo o pobo. Neste percorrido eran acompañados por Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea e Rocinante”, segundo explican dende o Concello trivés.

Ademais para os máis cativos tamén se organizaba un obradoiro de manualidades. Nesta celebración tomaban parte uns 40 nenos de diferentes idades. Ao finalizar as actividades os rapaces recibían como agasallo un marcapáxinas e un lápiz.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close