OurenseÚltima hora

Xinzo abre o prazo de incrición para os campamentos infantís

Terán grupos reducidos e máis actividades ao aire libre

O Clube de Escolas Deportivas Concello de Xinzo coa colaboración da Concellería de Cultura, abriu hoxe, 23 de xuño, o prazo de inscrición para os campamentos infantís de verán. Terán unha duración de dous meses e darase a opción a elixir quincenas ou mensualidades completas. Así, está destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2007 e 2013.

Debido á situación actual, os grupos serán reducidos, concretamente de 9 rapaces por cada monitor. Ademais, as actividades realizaranse, sempre que sexa posible, ao aire libre e establecerase un servizo “madruga” (de 09:30 a 10:30h.) para facilitar a conciliación de nais e pais. Así, o horario oficial do campamento será de 10:30 a 13:30h.

 

Cartel.

 

O prazo de inscrición para a primeira quenda do campamento permanecerá aberto ata o 26 de xuño e deberá formalizarse na oficina do Pavillón de Deportes ou na Casa da Cultura, con descontos para os nenos e nenas censados en Xinzo. Os prezos oscilan entre os 100 euros polo mes completo (185 por dous meses) e os 55 euros por cada quincena. O servizo “madruga” ten un custo de 10 euros por quincena.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button