ConcellosÚltima hora

Xinzo acolle a súa I feira da cervexa artesá galega

Oito cervexeiros galegos participarán nesta mostra que se desenvolverá esta fin de semana na praza Maior

CARTEL FEIRA DA CERVEXA

Dende hoxe, venres 16 de xaneiro ás 17h. e ata o domingo 18 ás 20h, Xinzo acollerá a primeira edición da feria de cerveza artesá da localidade.

O evento desenvolverase nunha carpa instalada na praza Maior onde está previsto que se den cita oito cervexeiros galegos que amosarán os seus produtos, máis de 30 estilos diferentes.

A mostra completarase con outras actividades como un curso de fabricación de cervexa caseira. Haberá ademais opción de xantar no recinto, con ofertas culinarias a base de hamburguesas “galeguesas” e salchichas alemanas, entre outros produtos. E todo, amenizado pola música duna banda de gaitas.

Ao longo da fin de semana haberá asemade actos culturais diversos no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo, como a presentación do libro “K11 Estación clandestina” do xornalista limiao Manuel Dobaño Peláez (ás 20:30h. de hoxe venres), ou a representación do grupo teatral Barbañá de Ourense coa obra “Unha rosa é unha rosa” de Suso de Toro mañá sábado ás 19h.

Artigos relacionados

Back to top button