OurenseÚltima hora

Xinzo crea un Observatorio local de Servicios Sociais

Nesta iniciativa, o Concello colabora con Cáritas, O Viso e Cruz Vermella

O Concello de Xinzo de Limia crea un Observatorio local de Servizos Sociais, cuxa principal finalidade “será facer un seguimento a todas as familias e persoas con necesidades, detectar novas emerxencias entre os colectivos vulnerables e tratar de anticiparse, ampliando así o nivel de cobertura, tanto en calidade como cantidade, pero tamén a eficacia y eficiencia das axudas”. Nesta iniciativa tamén colaboran Cáritas, O Viso e Cruz Vermella.

 

Durante a reunión.

 

Esta decisión tomouse nunha reunión onde se constatou “por parte de todos os asistentes que a crise sanitaria e o confinamento provocaron que cada día sexan máis as persoas que buscan axuda para o pago de alugueres, recibos, subministracións básicas ou simplemente comida a través Banco de Alimentos”.

A vocación deste Observatorio é, en palabras tanto da alcaldesa Elvira Lama como do concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez, incorporar a todas as entidades que queiran sumar e unir esforzos para cubrir as demandas de persoas vulnerables, pero tamén non escatimar esforzos para poñer a disposición todos os recursos propios e os doutras administracións, tanto estatais como autonómicas.

“Todos somos conscientes de que a situación se pode agravar durante este ano e ninguén pode quedar sen atención e axuda, que é precisamente para o que estamos tanto os Servizos Sociais municipais como as entidades do Terceiro Sector”, subliñaba Elvira Lama.

Artigos relacionados

Back to top button