OurenseÚltima hora

Xinzo de Limia intensifica os traballos de acondicionamento dos espazos públicos tralo Covid-19

As actuacións céntranse nas labores de reparación, roza, limpeza e desinfección

Os traballadores das brigadas de Medio Ambiente e Obras de Xinzo están a intensificar dende o pasado luns os traballos de limpeza, roza, mantemento e desinfección dos parques e zonas de xogo infantís, unha vez que o decreto da Xunta de Galicia do pasado sábado, 12 de xuño, permitiu a súa reapertura.

 

 

Durante os 3 meses de confinamento, os operarios municipais víronse na obriga de abandonar as habituais tarefas de mantemento dos espazos públicos para centrarse na limpeza e desinfección dos puntos críticos do municipio co obxectivo de conter o Covid-19.

Seguindo igualmente os protocolos e indicacións da Consellería de Sanidade, estase a instalar sinalización informativa sobre as normas de uso destes espazos, así como a obriga de gardar a distancia persoal e usar mascarilla para os maiores de 6 anos e as recomendacións de utilizar xeles e solucións hidroalcólicas, así como evitar o uso compartido dos xoguetes.

 

 

Así mesmo, a alcaldesa, Elvira Lama, solicita que se respeten ao máximo ás normas nos espazos públicos e aínda máis nos lugares de recreo, como son os parques, pola vulnerabilidade da poboación que máis os utiliza, que son os rapaces e rapazas e os maiores.

Artigos relacionados

Back to top button