EconomíaEconomíaÚltima hora

Xinzo de Limia pon en valor o Samaín con multitude de actividades

A celebración comezará a partires das 18h. na praza Maior da vila e incluirá propostas para todas as idades
Presentación do programa de actividades do Samaín 2017 en Xinzo de Limia.

Obradoiros, degustacións, disfraces, música e espectáculos teatrais. Con moitas e moi diversas propostas, tanto para cativos como para adultos, se presenta este ano o Samaín en Xinzo de Limia. Unha celebración que será organizada polo Concello de Xinzo en colaboración con diversas asociacións Culturais da Vila e tamén con ProLimia, Asociación de Empresas e Comercios da Limia.

As actividades comezará na tarde do 31 de outubro a partires das 18:00h. na praza Maior co ritmo da Tambucada de Lugo, que logo percorrerá as rúas da vila. O programa incluirá obradoiros participativos para os máis cativos (entre eles un de elaboración de cabazas), traxes e pintura facial de Samaín e comida terrorífica, un concurso de postais terroríficas ou exhibicións, tanto de teatro, musica, malabares ou música. Haberá asemade un premio especial para o obradoiro de cabazas dunha tablet á mellor cabaza, fomentando así a participación e a accesibilidade as novas tecnoloxías ós máis cativos.

“Esta festa serve non só para poñer en valor esta tradición, propia do noso pobo, se non tamén unir dalgún xeito á sociedade limiá” coa que se está traballando a través de ANPAS, escolas de danza e outras asociacións, segundo o concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez.

Iván Prado Rodríguez, en nome das asociacións colaboradoras destaca o traballo de todas as entidades que se sumaron á proposta, subliñaba o seu apoio para facer posible esta data. Así, por exemplo, grazas ás ANPAS, haberá unha chocolatada popular onde os pais e nais dos nenos que participen no evento sumaran a súa colaboración para que sexa posible, as Escolas de Baile como “Danzón” ou Fitness Fusion” están a traballar nunhas actividades e exhibicións para o evento ou a A.C. “Aneis” proporcionará o traballo dun Contacontos para ese día.

Teresa Martínez, presidenta de “Pro Limia”, presentaba unha campaña promocional de Samaín onde terá cabida iniciativas como unha ruta de “Truco ou Trato“ polos establecementos comerciais cun sorteo final dunha cena para os nenos e nenas participantes, un concurso de escaparatismo ou de interiores ou un concurso gastronómico de tapas de Samaín na hostalaría. Todo isto “para demostrar que hai unión de empresas e dalgún modo promocionar esas mesmas empresas que colaboran na campaña”.

En opinión do alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Perez, “a gran sorte que ten o noso concello é contar con xente que é capaz de unirse para levar a cabo actividades como ésta”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close