OurenseÚltima hora

Xinzo estrea pistas de padel e recupera o complexo deportivo das piscinas, abandonado durante anos

Para facer uso delas é preciso reservar con 24 horas de antelación

Xinzo conta desde esta fin de semana con dúas pistas de padel no complexo deportivo das piscinas municipais. A práctica deste deporte conta con gran demanda en Xinzo, que agora verase satisfeita sen necesidade de saír da vila.

Para facer uso delas é preciso reservar con 24 horas de antelación, pedindo cita por teléfono (988 55 05 07) ou ben de forma presencial, na recepción das piscinas climatizadas.

 

 

As tarifas destas novas instalacións serán aprobadas polo pleno na reforma da ordenanza fiscal de instalacións deportivas.

O concelleiro de Deportes, Rafael Penabad, cree que “estas novas instalacións cobren unha necesidade largamente demanda por unha parte da poboación” e está convencido de que “debido ás condicións da nova normalidade, coa obrigatoriedade de gardar a distancia de seguridade, terán unha demanda aínda maior, dado que o padel facilita precisamente o su mantemento”.

Artigos relacionados

Back to top button