OurenseÚltima hora

Xinzo recrea o seu pasado romano na XVIII Festa do Esquecemento

O domingo 19 de agosto ás 17h. recrearase o paso da lexión romana polo río Lethes
Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dende hoxe e ata o domingo 19 de agosto o municipio de Xinzo de Limia recreará o seu pasado romano na celebración da XVIII edición da Festa do Esquecemento que inclúe un completo programa de actividades no que destaca o tradicional paso do río Lethes.

Da man da Asociación Civitas Limicorum, o programa de actividades previsto para esta edición inclúe espectáculos circenses, teatro, mercado de artesanía, xogos para os máis cativos e desfiles, entre outras iniciativas que atraerán aos “preto de 15.000 turistas que habitualmente visitan o municipio ao longo destas tres xornadas festivas”, segundo Iván Prado dende a organización, quen lembra que esta celebración chega nesta edición “a súa maioría de idade e cada ano conseguimos mellorala, de feito, contamos con máis de 500 persoas traballando na construción das nosas casetas romanas e castrexas e, ademais, a afluencia de público cada vez é maior”.

Durante a celebración, os veciños de Xinzo recuperan a identidade dos seus antepasados para vivir elementos fundamentais da súa cultura e recoñecer o seu legado. A Festa do Esquecemento de Xinzo foi declarada no 2004, “Festa de Interese Turístico Local” e a celebración de dita festa culmina co tradicional paso do río Lethes, “o río do Esquecemento”. Esta actividade terá lugar o domingo, 19 de agosto, ás 17 horas, trala cal celebrarase a loita entre castrexos e romanos.

 

Programa desta edición da Festa do Esquecemento.

Artigos relacionados

Back to top button