ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As XIV Covas de Seadur atraen a preto de 1.500 persoas

Tradición, viño, gastronomía e moita música. A chuvia que caía na tarde do Sábado Santo non impedía que preto de 1.500 persoas (boa parte delas do oriente ourensán, pero tamén de fóra) se achegasen ata Seadur (Larouco) para desfrutar da súa tradional festa das Covas.

Dende as seis da tarde estas antigas adegas subterráneas abrían as súas portas para recibir ao público con viño (branco e tinto) e multitude de saborosos pinchos, tanto quentes como fríos, un moi bo ambiente. Tampouco faltaba a música de diversos grupos e mesmo a improvisada por algúns dos participantes no roteiro. A partires das once da noite, as adegas ían pechando e os asistentes concentrábanse na zona da carpa onde a festa continuaba ata a madrugada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button