CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

XIV Festival Ponte Louco, en Castro Caldelas

Esta cita, prevista para o 22 de agosto, mestura a música coa artesanía, literatura e actividades xuvenís
Cartaz do Festival Ponte Louco de Castro Cadelas.
Cartaz do Festival Ponte Louco de Castro Cadelas.

Coa feira de artesanía local, dende as dez da mañá, comezará o vindeiro 22 de agosto o XIV Festival Ponte Louco de Castro Caldelas. Ademais ás 12:00h. porase en marcha a actividade “Letras LOUCOst. Certame de microrelatos, Libros Ceives (Bookcrossing), Poesía aperitiva”.

Durante a tarde desenvolverase unha xincana para os rapaces polo casco vello da localidade e, ao redor das oito, celebrarase a I Mostra de Cantos de Taberna na que comparsas ambientarán cos seus cantos e instrumentos os bares de Castro Caldelas. O programa incluirá tamén pasarrúas e concertos. Así a partires das once o Castelo de Castro Caldelas converterase en escenario de catro grupos: Los Jinetes del Trópico, Superoito, Skandalo GZ e Toñyto All Time DJ. As actividades serán todas de balde.

Este festival será organizado pola Asociación Cultural O Irrio de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button