ConcellosÚltima hora

XIX Feira da Rosca en Sober

17 artesáns daranse cita na feira que se celebrará o 11 e 12 de agosto
Presentacion do programa da Feira da Rosca en Sober
Presentacion do programa da Feira da Rosca en Sober

Na mañá do 5 de agosto, o alcalde de Sober (Lugo), Luis Fernández Guitián, acompañado polos rosqueiros, daba a coñecer o programa da XIX edición da Feira da Rosca e outros produtos da Ribeira Sacra, que se celebrará os días 11 e 12 de agosto, e na que participarán dezasete artesáns: cinco rosqueiros, dous oleiros de Gundivós, un posto de mel, tres panadeiros, dúas queixerías, un vendedor de castañas do Caurel e tres postos de artesanía da Ribeira Sacra.

A apertura dos stands será o luns día 11 ás 21h, momento no que tamén se inaugurará a carpa informativa Xplora Xuventude. Ás 22:30h. haberá un espectáculo “Queimada Folk” co Grupo Ni fu ni fa Animación, é ás 23h. levarase a cabo unha degustación gratuíta de rosca con licor café.

Ao día seguinte 12 de agosto, a festa comezará ás dez da maña cunha tirada de bombas de palenque, seguida pola apertura oficial dos postos. Ás 11h. actuará o grupo tradicional Merenzao, ao que seguirá o grupo de baile e música tradicional Brincadeira. En torno ás 13h. haberá unha degustación gratuíta dunhas 1.000 racións de rosca con queixo por xentileza de Queixerías Prado, e ás 13:30h. tocará de novo o grupo Merenzao. Esta actuación porá o broche a unha celebración “que xa se ten convertido nun dos referentes festivos do verán na Ribeira Sacra”, en palabras do rexedor de Sober quen animou a tódolos veciños e visitantes a participar.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button