EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticulturaXIX Feira do Viño de Valdeorras

A XIX Feira do Viño de Valdeorras vai tomando forma

A falta de dous días escasos para a celebración da XIX Feira do Viño de Valdeorras, o certame xa vai tomando forma na praza de Viloira (O Barco). Ao longo da xornada do 13 de xullo xa comezaban a colocarse as primeiras estruturas dos ao redor de vinte stands que conformarán o recinto feiral. Na mañá do 14 de xullo xa se vían cada un dos postos e a súa distribución.

Este certame celebrarase por segundo ano consecutivo neste escenario e a súa inauguración está prevista para as 12:30h. do sábado 16 de xullo co pregón do ex ciclista profesional Álvaro Pino. Na mostra poderán catarse os viños de 18 adegas amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close