En portadaGalerías de fotosÚltima horaXIX Feira do Viño de Valdeorras

A XIX Feira do Viño de Valdeorras xa ten cartaz

O xurado, reunido no mediodía do 27 de maio, escollía o traballo presentado por Uxía Conde Delgado do CEIP de Vilamartín

Unha botella de godello sobre un fondo nocturno e estrelado é a imaxe coa que se promocionará a XIX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará no Barco os días 16 e 17 de xullo. O xurado do concurso, convocado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, reuníase no mediodía do 27 de maio no salón de plenos deste órgano réctor e escollía, entre a vintena de traballos presentados por rapaces da comarca, o elaborado por Uxía Conde Delgado.

A autora do cartaz ganador, de 11 anos e natural de Córgomo, é alumna do CEIP Xosé Manuel Folla Respino (de Vilamartín de Valdeorras. Uxía Delgado recibirá un premio de 300 euros e entregaránselle outros 300 euros ao centro no que cursa os seus estudos. A totalidade dos traballos que se presentaron a concurso vai ser exposta na sede do consello regulador valdeorrés, en Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button