DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A XL San Martiño de Ourense, en imaxes

Nuno Costas e Joselyn Brea impóñense nunha edición da pedestre popular ourensá marcada pola chuvia

Na mañá do 20 de novembro unha intensa e constante chuvia amezaba con deslucir a 40ª edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, a cita atlética de referencia de toda a provincia, pero non o logrou.

É certo que a participación diminuíu con respecto á pasada edición e boa parte dos 11.000 inscritos non chegou a participar, pero aínda así, unha marea humana tomaba a saída na carreira absoluta dende a ponte do Milenio, ás once da mañá. Na cabeza da carreira, o ourensán Alejandro Fernández regresaba á proba da súa cidade despois de dúas e dicións sen correr, coa intención de revalidar o título de campión do 2012 e 2013. A piques estivo de logralo e na metade do circuíto (quilómetro 5) lideraba a clasificación, pero no tramo final outro dos favoritos, Nuno Costas, lograba superalo entrando en meta con dez segundos de vantaxe. Lolo Penas era terceiro e Joselyn Brea a primeira muller, seguida por Ester Navarrete e Solange Pereira.

Pese a chuvia, os corredores percorreron as rúas de Ourense animados por veciños e familiares protexidos por paraugas e chuvasqueiros, ata que en torno ás doce e media deixou de chover, xusto para dar paso á carreira escolar, na que o responsable da Escola Atlética Ben Cho Shey (un club con máis de 25 anos de historia no Pereiro de Aguiar), Germán González deu a saída.

Os últimos en correr eran os máis pequenos, en moitos casos acompañados polos pais, mentres na cancha central do pavillón dos Remedios, se procedía á entrega de trofeos e agasallos aos gañadores das distintas categorías reste mítica proba iniciada hai 40 anos por Julio Fernández (presente na saída e na meta desta edición) e organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense.

Máis información e fotos nos seguintes enlaces:
https://osil.info/atletas-club-adas-proinor-no-podio-da-san-martino-2016/
https://osil.info/alta-participacion-na-xl-san-martino-pese-intensa-choiva/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button