PolíticaÚltima hora

Xoaquín Leiceaga reúnese coa Xunta de Persoal do HCV para abordar a reforma da Lei de Saúde

O portavoz parlamentario do grupo socialista anunciaba que a supresión da área sanitaria de Valdeorras, xunto coas de Monforte, A Mariña e O Salnés, será o tema central da primeira sesión de control ao presidente do novo curso parlamentario

Ata O Barco se desprazaba no mediodía do 4 de setembro do portavoz parlamentario do PSdeG-PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga, para reunirse coa Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras con motivo do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a supresión da área sanitaria do Barco.

Nesta viaxe tamén estivo acompañado pola deputada socialista ourensá Noela Blanco, polo portavoz de Sanidade, Julio Torrado;
e polo portavoz da Plataforma Sanitaria Valdeorras e concelleiro de Sanidade do Barco, Orlando Saavedra. En declaracións aos medios, Leiceaga anunciaba que a supresión da área sanitaria valdeorresa, xunto coas de Monforte de Lemos, A Mariño e O Salnés, será o tema central da primeira sesión de control ao presidente da Xunta, Alberto Nüñez, do novo curso parlamentario. “Este será tema central, como mínimo, das iniciativas socialistas nos dous plenos previstos para o mes de setembro”, aseguraba.

O portavoz socialista quere provocar que este texto “siga o mesmo camiño que a malograda Lei de Acuicultura, e que o goberno galego a retire antes de que comece o trámite parlamentario”. Reclamoulle á Xunta “sensibilidade” co clamor social contra esta reforma que pretende converter estes hospitais en “ambulatorios máis dotados” polo camiño “do recorte e de impoñer unha sanidade de primeira e de segunda”.

Advertiu que a estratexia do goberno galego “vai agravar un xa de por si grave problema de despoboamento” nas zonas do interior de Galicia, xenerando un “círculo vicioso” que provoca o abandono da poboación por carecer duns servizos que son recortados precisamente pola falla de poboación.

Pola súa banda, o portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Valdeorras, Orlando Saavedra, sinalou o grave impacto desta reforma para unha área sanitaria, a de Valdeorras, que atende a en torno a 40.000 habitantes en localidades que en ocasións atópanse a unha hora e media do Hospital de Ourense, e que está, dixo, “en pé” para frear a súa desaparición.

Artigos relacionados

Back to top button