DeportesÚltima horaVídeos

Xocas Miranda, adestrador do Tres Cuñados FS, envía unha mensaxe de superación ao C.D. Rúa

O técnico barquense estase recuperando da infección por Covid-19 e foi o encargado de propoñer un dos retos para o club de fútbol rues

Xocas Miranda nun partido do Tres Cuñados FS en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Para pasar o tempo de confinamento da mellor forma posble, e manter o contacto cos membros do club (especialmente os máis pequenos) e tamén a forma física, dende o C.D. Rúa están propoñendo unha serie de retos, a través do Facebook, para que os cativos leven a cabo na casa coas súas familias.

Un deses retos viña da man de Xocas Miranda, técnico do Pizarras Los Tres Cuñados F.S. e un dos positivos por coronavirus no Barco que se está recuperando na casa. “Paseino mal e aínda estou canso pero xa non teño síntomas. Nuns días faranme outra proba e se dá negativo aínda me quedan outros 14 días de illamento…”, di resignado. Iso é tamén o que lles explica aos cativos do Rúa no vídeo que lle facía chegar ao club, explicando que parte da recuperación débese á práctica deportiva á que estaba acostumado, que o mantivo forte.

Á parte deste vídeo cunha mensaxe positiva pero tamén de precaución, lembrando que “hai que ter moito coidado porque eu non sei onde me contaxiei polo que hai que quedar na casa”, Xocas enviou outro co reto: xogar aos bolos no pasillo de casa, con seis botellas de auga e un balón.

 

Artigos relacionados

Back to top button