En portadaÚltima hora

Xocas Miranda recolle en Madrid o premio do CNFS como mellor adestrador de 2ª B (grupo 1)

A entrega do galardón tiña lugar na gala celebrada na Cidade do Fútbol, nas Rozas

Hoxe foi un día especial para o fútbol sala nacional. A Cidade do Fútbol, nas Rozas (Madrid) acollía na xornada do 19 de decembro unha triple cita. Primeiro, a presentación do desafío a dobre partido España-Brasil, de seguido a I Gala do Comité Nacional e xa pola tarde, o sorteo dos cuartos de final da Copa do Rei. E formando parte dese gran día estaba o valdeorrés Xocas Miranda.

O técnico barquense, ao fronte do Pizarras los Tres Cuñados FS dende hai cinco tempadas, asistía á gala como un dos galardoados desta primeira edición (ata esta tempada celebrábase conxuntamente coa LNFS). En concreto recollía o premio como mellor adestrador da tempada 2017/2018 do grupo 1 de segunda B, no que compite o seu equipo. No grupo 2 o premio foi para Alfonso Rodríguez (Colo Colo); no grupo 3 para Sergio Lamaña (Hospitalet); no grupo 4 para Raúl Aceña (FS Talavera); no grupo 5 para Jordi Pérez Mesa (Coineña); e no grupo 6 para Ruymán Cabello (Salesianos).

No decurso da gala, Xocas Miranda coincidía, entre outros, con Pablo Prieto, delegado de fútbol sala en Galicia, e con José Venancio López, ata este ano seleccionador nacional e actual dirctor técnico da RFEF.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button