CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Xoel López e Gustavo Santaolalla, en Verín o 3 de xullo

Actuarán ás 21h. do 3 de xullo no Recinto A Preguiza, con acceso libre para todos os públicos

Verín estará de celebración o día 3 de xullo xunto a Xoel López e Gustavo Santaolalla. O compositor e cantante Xoel López, que xa suma 20 anos de traxectoria musical, pisará esta vila cun concerto no que poderás escoitar un repertorio de éxitos de álbumes como Paramales ou Sueños y Pan, pero tamén do seu último traballo Si mi rayo te alcanzara, tres traballos que resumen unha vida de viaxes e vivencias cheas de influencias musicais.

Esta cita vólvese aínda máis especial ao contar tamén con Gustavo Santaolalla, músico e produtor musical arxentino, dúas veces gañador do Premio Óscar polas bandas sonoras das películas Brokeback Mountain e Babel.

 

 

O seu paso por Verín forma parte da súa xira Desandando o camiño e será un concerto que mostrará a ampla gama de composicións de Santaolalla a través dunha colección ecléctica que equilibra o instrumental con material vocal.

Os concertos de ambos os artistas terán lugar no Recinto A Preguiza, con acceso libre para todos os públicos, e o evento dará comezo ás 21:00h.

Sen dúbida, unha gran mestura de artistas polos que merecerá a pena visitar Verín na noite do domingo 3 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button