DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xogando aos bolos en Punxeiro (Viana do Bolo)

Os afeccionaron participaron na actividade organizada polo Club de Bolos para o Xoves Santo

Na localidade de Punxeiro, no concello de Viana do Bolo, manteñen moi viva a tradición do xogo dos bolos. E mostra diso é o torneo por parellas que cada mes de agosto reúne a numerosos afeccionados en torno a tres campos.

Este ano a competición deportiva estrela do pobo, organizada polo Club de Bolos Punxerio, será o 20 de agosto pero para ir abrindo boca e adestrando, dende o club decidian organizar unha sesión de bolos aproveitando os días da Semana Santa.

Así, na tarde do xoves 24 de marzo, un grupo de boleadores participaban na actividade que se desenvolvía nos tres campos dos que dispoñen no pobo. Tal como explica Alejandro Herrera, nun dos campos organizaron partidos tradicionais “como os de sempre, os que se xogaban nas festas”; no outro campo, houbo partidas con trofeos; e no terceiro, tiñan lugar tiradas libres “explicándolle á xente que non sabía, como tiñan que facer”.

O propio Alejandro asegura que de aquí en adiante, pretenden organizar competicións deste tipo aproveitando o bo tempo na fin de semana.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button