Galerías de fotosÚltima hora

Xogando aos dardos no bar Río Galir do Barco

Desputáronse tres torneos: individual feminino, parellas a cegas e parellas feitas

Se o 27 de xuño celebrábase un torneo individual de dardos no bar Habana do Barco, o 4 de xullo tiñan lugar tres campionatos diferentes no bar Río Galir: un indivisual feminino, outro de parellas a cegas e un terceiro de parellas feitas, nos que participaron dardeiros do Barco e tamén de Monforte.

No torneo individual cuxas participantes eran todas de Monforte, a primeira clasificada foi Iria (cun premio de 25 euros, trofeo, polo e cea para dúas persoas); a segunda clasificada foi Reme (15 euros, trofeo e camiseta); a terceira foi Belén (10 euros, medalla e botella de viño); a cuarta, Isa (medalla e botella de viño); e a quinta, Ana (medalla).

Con respecto ao torneo de parellas cegas, a gañadora foi a formada por Lipin e Julio de Monforte (trofeo e 55 euros); a segunda clasificada, a de Isa e Bruno de Monforte (dúas medallas e 33 euros); a terceira, a de Belén e Iria de Monforte; e a cuarta, a formada por Reme de Monforte e Canario do Barco (dous agasallos).

E xa no torneo de parellas feitas, os primeiros clasificados foron Julio e Lipin de Monforte (120 euros, trofeos e dous polos); os segundos, Bruno e Isa de Monforte (50 euros, dúas medallas e dúas camisetas); os terceiros, Rinchón e Mc-fly do Barco (40 euros, dúas medallas, dúas botellas de viño); e os cuartos, Belén de Monforte e Esteban do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button