Publicidade
Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Xogando con materiais reciclados, na 4ª Semana da Lactancia Materna

Un obradoiro infantil, dirixido por nais e pais, pechaba os actos destas xornadas organizadas no Barco por De Nai a Nai

Botellas de plástico, rotuladores, anacos de tecido ou paus de xeado. Eran algúns dos materiais, boa parte deles reciclados, cos que os nenos xogaban e aprendían no obadroiro infantil co que se completaba o programa da 4ª Semana da Lactación Materna no Barco. Esta iniciativa, que promove a Asociación De Nai a Nai, tiña como lema nesta edición “Lactación materna: clave para o desenvolvemento sostible”.

Esta actividade infantil desenvolvíase na tarde do 8 de outubro no local de De Nai a Nai e estivo coordinada por nais e pais da citada asociación.

Fotos: De Nai a Nai.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close