ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xogos e música na festa infantil do Entroido, no Barco

Os cativos desfrutaron co inchable e a atracción “A varredora” no pavillón vello barquense

De súper heroes, de animais, de pallasos, de princesas ou debuxos animados, son algúns dos disfraces que levaban aos cativos que na tarde do 27 de febreiro asistían acompañados polo seus pais, á festa infantil do Entroido organizada polo Concello do Barco de Valdeorras. Ubicados no pavillón vello, un inchable para os máis pequeniños e a varredora (atracción infantil do momento) para os de máis idades, facían as delicias dos asistentes ao son da música dunha discoteca móbil.

Con todo, o acto central do Entroido no Barco terá lugar mañá (se a chuvia non o impide) a partires das 17:30h. Trátase do tradicional desfile ce comparsas, folións e disfraces que partirá da rúa Conde Fenosa (diante do HCV) acompañada pola charanga Os Imparables o Barco e a batucada Bate no Cobre de Vigo, ata a praza Maior.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button