Galerías de fotosÚltima hora

Xogos en torno ao magosto no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

Como cada ano o CEIP Condesa de Fenosa no Barco de Valdeorras, vén de celebrar o tradicional magosto. A festa tiña lugar na tarde do venres 6 de novembro e nela participou toda a comunidade educativa. Alumnos, profesores, pais, nais, avós e demais familia, xuntáronse no patio do centro educativo ao redor da fogueira na que se asaron as castañas. E despois de degustar os produtos do outono, comezaba a festa propiamente dita, pintándose uns aos outros cos restos dos tizóns.

Nesta tarde de celebración outonal, non faltou a música, resoando por todo o centro a través dos altofalantes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button